16 May, 2018

O Recambios Infra BM Lucus conseguiu a Copa Federación

Felicidades

O Recambios Infra BM Lucus conseguiu a Copa Federación

O Recambios Infra BM Lucus conseguiu a Copa Federación cadete masculino, na final a dobre partido co Xestaservi BM A Cañiza. No primeiro encontro, disputado a venres na localidade pontevedresa os  lugueses non conseguiron pasar do empate a 33 goles. O apoio do público e o respecto ao rival fixeron que os dous equipos fixeran un gran partido totalmente enchufados e con ataques que superaban claramente ás defensas.

No partido xogado en Lugo o domingo contou cun Lucus máis centrado e motivado o que fixo saír con máis vantaxe desde o inicio xa que foi o primeiro en marcar. Con catro goles por riba e tras un tempo morto dos visitantes o Lucus mantiña o partido controlado.

Na segunda metade, os lugueses sabedores da súa vantaxe na que conseguiron un 43-27 que lle concedía a Copa.

Pola nosa parte:

¡Moitas Felicidades!

 

Trackback URL: http://recambiosinfra.com/o-recambios-infra-bm-lucus-conseguiu-a-copa-federacion/trackback/